quarta-feira, 30 de junho de 2010

110 anos de Antoine Saint-Exupéry

O pasado 29 de xuño fixéronse 110 anos do nacemento de Antoine Saint-Exupéry, escritor, ilustrador e aviador francés.

O seu libro mais coñecido é "O Principiño", obra poética e filosófica, que baixo a apariencia dun conto infantil, aborda temas de grande profundidade como o amor, a amizade, a vida e a amorte, as actitudes na vida,...

O autor revelanos nesta obra nas conversas entre o narrador e o principiño a súa propia visión sobre a estupidez da humanidade con a sinxela sabiduría que os adultos semellan esquecer cando medran.

A obra está tamén ilustrada polo autor, cun estilo único e que sin tan coñecidos como o libro mesmo.

Como aviador participou en varios conflictos bélicos como a Guerra Civil española, no bandorepublicano, e na 2ª Guerra Mundial, no bando aliado.

Sería dado como desaparecido e morto no Mediterráneo, pénsase que por fogo inimigo, o 31 dexullo de 1944.

"O Principiño" traduciuse a 180 linguas e dialectos.

Se ainda non leiches este libro, non esperes mais!

Saint-Exupéry, Antoine

"O Principiño"

Trad. Casares Carlos,

Ilust. do autor

Ed. Galaxia

domingo, 20 de junho de 2010

ADEUS SARAMAGO



Adeus a Jose Saramago, un grande da literatura portuguesa contemporánea, imaxinativo e inxenioso, controvertido e crítico... amado ou odiado, imposible pasar desapercibido.

Ficanos co seu legado, a súa fantástica obra...

terça-feira, 8 de junho de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

Cada 17 de Maio Galicia celebra o seu Día das Letras Galegas, no que homenaxéas e un intelectual galego, e este ano o escollido é Uxío Novoneyra.

Considerado un dos poetas máis relevantes en lingua galega de tódolos tempos, proxecta a súa obra enraizada na tradición e no popular, aínda que con destacadas tonalidades vangardistas nas que destaca o lirismo da palabra.

Fillo de labregos, naceu na montaña lucense, en Parada do Courel, o 19 de xaneiro de 1930, e adicou a súa obra a inmortalizar a fermosa paisaxe da serra. Sendo estudante en Lugo coñeceu a Manuel María con quen frecuentou o trato de intelectuais da anterior xeración como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega ou Ramón Piñeiro. Con 19 anos, Novoneyra trasládase a Madrid onde se matricula na Facultade de Filosofía e Letras. En 1951 regresa para facer o servizo militar, e entre 1953 e 1962 vive de novo en O Courel obrigado por unha doenza pulmonar que o tivo ás beiras da morte. Entre 1962 e 1966 volve a Madrid onde traballa na radio e na televisión. En 1973 casa con Elba Rei con quen tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo. Instálase definitivamente en Santiago de Compostela en 1983.

En 1955 publica o seu primeiro libro de poemas, Os Eidos, con prólogo de Ramón Piñeiro. Seguíronlle Elegías del Caurel y otros poemas (1966), en edición bilingüe, e Poemas caligráficos. En Muller para lonxe reúne poemas de amor xa publicados e outros inéditos ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer. Ademáis da súa incursión na narrativa para nenos, destaca a oralidade da súa poesía que adquire matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular, según afirma a Real Academia Galega.

O poeta foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, un cargo de ocupa ata o seu falecemento en outono de 1999. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Tanto en “Os eidos” como nas súas outras obras, Novoneyra é capaz de evocar sensacións visuais, auditivas ou anímicas mediante a combinación e repetición de fonemas.

A poesia de Novoneyra ten moi pouco que ver coa dos outros paisaxistas galegos. Novoneyra é-valla a aparente contradicción- un poeta silencioso, e os seus poemas van moito máis alá do texto. As palabras pouquísimas evocan dun modo máxico o mundo no que o home esta inmerso, designando as cousas para que estas aparezan perante nós. Non describe: evoca, invoca. E hai outro Novoneyra coral, heroíco: o da Letanía de Galicia, do Viet Nam Canto.

OBRA

· Os eidos -- Vigo: Galaxia , 1955 ISBN Non ten. DL Non ten

· Elegías del Caurel y otros poemas -- Madrid: Rialp , 1966 ISBN Non ten. DL M-4065-1966

· Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas -- Vigo: Galaxia , 1974 ISBN 84-7154-221-8

· Poemas caligráficos -- Madrid: Brais Pinto , 1979 ISBN 84-8517-105-5

· Os eidos. Libro do Courel -- Vigo: Xerais , 1981 ISBN 84-7507-020-5

· Muller pra lonxe -- Lugo: Deputación de Lugo , 1987 ISBN 84-505-4535-8

· Do Courel a Compostela 1956-1986 -- Santiago de Compostela: Sotelo Blanco , 1988 ISBN 84- 86021-80-4

· O cubil de Xabarín -- Madrid: Edelvives , 1990 ISBN 84-263-1956-4

· Tempo de elexía -- Oleiros: Vía Láctea , 1991 ISBN 84-86531-58-6

· Gorgorín e Cabezón -- Madrid: Edelvives , 1992 ISBN 84-263-2170-4

· Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras -- A Coruña: Espiral Maior , 1994 ISBN 84-88137-39-7

· Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas -- 1998

· Uxío Novoneyra. Dos soños teimosos / Emilio Araúxo -- Santiago de Compostela: Noitarenga , 1998 ISBN 84-921096-5-3

· Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín -- Zaragoza: Edelvives, 1998 ISBN 84-263-3727-9

· Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas -- A Coruña: Hércules de Ediciones , 1999 ISBN 84-453-2306-7

HISTORIA

O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real Academia Galega presentaron a proposta de que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" para rexistrar e divulgar a actividade intelectual galega".

Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Román, e Francisco Fernández del Riego, alegaron que por celebrarse aquel mesmo ano de 1963 o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar e perpetura o simbolismo da data nunha celebración anual.

O dia 17 de maio, propúxose por ser nese día cando Rosalia de Castro llo adicou ó tamén poeta Fernán Caballero.

BENVID@S

Ola a tod@s, benvidos ó blog da Biblioteca Manuel Boullosa
do Centro Galego de Lisboa.

Actualmente está a procederse á catalogación da Biblioteca do Centro, o seu fondo bibliográfico está formado por uns 10.800 libros dos cuais 9.920 estan en galego, 475 en castelán e 405 en portugués, estas cifras son estimativas, xa que o proceso de catalogación foi interrumpido e retomado ha pouco tempo, aínda que non de maneira constante.

Contamos tamén cunha videoteca cuns 52 títulos, unha cedeteca con 129 items entre cd´s e DVD´s.

Estamos a xestionar tamén dous fondos especiais, que consideramos de grande importancia:

FONDO EMIGRACIÓN GALEGA

Con aproximadamente uns 213 títulos

FONDO CAMIÑO DE SANTIAGO

Creado hai pouco mais dun ano que pode ter aproximadamente uns 165 títulos, e que de cara a este ano Xacobeo 2010 tentamos desde aqui divulgar e ofrecer todo o material e información posible, sendo feitas múltiples consultas, especialmente do camiño portugués.

A Biblioteca está aberta ó público das de 10.00h-14.00 e de 16.00h-19.30h. Os que non sexan socios e queiran acceder á mesma pagarán inicialmente a cuota mensual. O préstamo dos libros será sobre os libros xa catalogados, salvo algunha rara excepción.

Alén dos socios, acceden especialmente estudantes,investigadores,xornalistas, profesorese escritores, ainda que con certas limitacións, o mesmo tempo asesoramos e orientamos sobre alguns libros e outros temas relacionados con Galicia, especialmente culturales e turísticos.